Proyectos
ELABORACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE (PACES)
ELABORACIÓN DO PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE (PACES) ao abeiro a ORDE do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva, para o ano 2020 (código de procedemento MT210A)
A elaboración do PLAN é un compromiso adquirido polo Concello ao asinar o Pacto dos Alcaldes, que ten os seguintes obxectivos:
- Reducir as emisións de CO2
- Aumentar a eficiencia enerxética
- Aumentar o uso de enerxía procedente de fontes renovables
- Elaborar un inventario de Emisións de Referencia (IER)
- Realizar unha avaliación de riscos e vulnerabilidades derivados do cambio climático
- Presentar o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES)
- Presentar un documento de seguimento alomenos cada dous anos.
Polo tanto, amósase que a elaboración do PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE (PACES) é un compromiso adquirido ao asinar o Pacto dos Alcaldes.
Para cumprir co compromiso adquirido elaborarase o PACES, que é o documento de principal polo que o concello expón cómo pretende acadar os compromisos asumidos, que contén a definición e planificación dos obxectivos estratéxicos, definindo as medidas de mitigación e adaptación deseñadas para acadar os obxectivos, a programación temporal e as responsabilidades asignadas.
Durante a elaboración do PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE (PACES) deberase realizar un inventario de emisións de referencia (IER) que servirá como punto de partida á hora de determinar as accións a realizar, as estratexias a seguir, ...
Ademais, realizarase unha avaliación de riscos e vulnerabilidades ao cambio climático do termo municipal en relación coas principais ameazas climáticas.
Tras isto realizarase a proposta de plan de acción que terá como obxectivo cumprir cos obxectivos de redución de emisións GEI así como aumentar la resiliencia climática do concello, minimizando os efectos sobre o medio ambiente e as persoas do cambio climático.
Finalmente deberá establecerse unha metodoloxía para a realización do inventario de seguimento de emisións (ISE) que deberá actualizarse cada dous anos, de xeito que se poida comprobar o cumprimento dos obxectivos fixados.
O concello comprométese a realizar, cada dous anos, o INFORME DE ACCIÓN, que é un informe de seguimento sobre a implantación do PACES.